sábado, 30 de octubre de 2010

Saída educativa a Pontevedra


Os alumnos de terceiro de ESO, primeiro e segundo de bacharelato acudiron o pasado venres 29 de outubro  ao Pazo de Congresos de Pontevedra á  “Xornada de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor na escola” organizada pola Cámara de comercio de Pontevedra, en colaboración co consello Superior de Cámaras e o Ministerio de Educación.




jueves, 14 de octubre de 2010

CONCURSO CABAZAS 2010_2011

Ola! Voltamos este ano co concurso de cabazas do Samaín .

Estas son as bases do concurso :
  • Poderán participar todos os alumnos/as de ESO e Bacharelato
  • Non se admitirán cabazas que non estean ben valeiras
  • Recolleránse os días 2, 3, 4 e 5 de Novembro na entrada do comedor durante o primeiro recreo
  • Deberán levar un cartel co nome do autor/es e o curso o que pertencen
  • As cabazas estarán expostas na biblioteca.
  • Haberá premios para as mellores por ciclos
  • Os premios entregaránse o día do Magosto
Por certo, este ano sí que teremos Magosto  (o día 12 de Novembro  se o tempo o permite) e como novidade haberá un concurso de fotografía do que xa vos informaremos.

Boa sorte coas cabazas!!!!!!!!


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Curso 2010_2011 - O VALOR DO RESPECTO



O RESPECTO, empeza en TI. Respecta e dio coa túa vida

lunes, 24 de mayo de 2010

Visitas Educativas: Abril_ Maio

A finais de Abril e  na primeira quincena do mes de Maio fixéronse varias visitas educativas. Os alumnos de 4º da ESO de Ciencias e de 1º de Bacharelato foron a Santiago para ver a exposición “Con A de astrónomas “ no Pazo de Fonseca e o Museo de Ciencias  Naturais que está na Facultade de Químicas. Os alumnos de 3º da ESO e os de 1º de Bacharelato ( ciencias) visitaron na Coruña o acuario,o Domus e a casa das Ciencias.



                                         








lunes, 26 de abril de 2010

Saída educativa a Cambre

Os alumnos de 1º realizaron o pasado día 20 de abril unha saída educativa a Cambre, municipio por onde pasaban os peregrinos que chegaban por mar, atracando no fondo da baía da Coruña. En Cambre visitaron a Igrexa de Santa María de Cambre, igrexa Románica datada a finais do século XII a cal é unha réplica única no rural galego da catedral de Santiago. Xunto á Igrexa do Carmen os alumnos visitaron os restos arqueolóxicos dunha vila romana.


                                       


                                        



                                       

lunes, 19 de abril de 2010

Operación castiñeiro

Os alumnos de 2º participaron xunto con escolares de outros quince colexios de Galicia na plantación de 1600 castiñeiros no lugar de Soutochao, en Vilardevós (Ourense) unha zona moi devastada polos incendios forestais. Despois da plantación, fixeron unha ruta de sendeirismo seguindo unha das chamadas "Rutas do contrabando", desde o Soutochao hasta a área recreativa de Cidadella







lunes, 5 de abril de 2010

Día Mundial da Saúde_ 2010

O Día Mundial da Saúde 2010 centrarase na urbanización e a saúde. Durante a semana do 7 ao 11 de abril de 2010 organizaranse eventos en todo o mundo.

Os obxectivos mundiais da campaña son:

Mil cidades: abrir os espazos públicos á saúde, xa sexa para realizar actividades nos parques, reunións cidadás, campañas de limpeza, ou pechar parte das rúas ao tránsito de vehículos motorizados.

Mil vidas: reunir mil relatos de promotores da saúde urbana que, polas súas iniciativas, teñan un impacto considerable na saúde das súas cidades.