lunes, 20 de diciembre de 2010

jueves, 9 de diciembre de 2010

Magosto


Por fin o día 26 de Novembro fixemos o Magosto no lago de CastiñeirasDespois de subir a pé disfrutamos comendo as castañas e realizando moitas actividades. Unha destas actividades consistíu en escribir con follas un poema de Uxío Novoneira. Tamén se entregaron os premios do concurso de cabazas. Lembramosvos que todavía estades a tempo de presentar as fotos para o concurso do magosto. Aquí tendes as fotos das cabazas e algunhas fotos do magosto.





domingo, 7 de noviembre de 2010

I CONCURSO FOTOGRÁFICO


UNHA IMAXE VALE MAIS QUE MIL CASTAÑAS

O COLEXIO SAN NARCISO de Marín  convoca o PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO sobre o Magosto, que se rexerá polo disposto nas seguintes Bases:

1. Participantes

O concurso está dirixido a todos os alumnos matriculados neste Colexio.
As presentes Bases son de obrigada aceptación e cumprimento para todas as persoas que decidan participar no Concurso.

2. Descrición do Concurso, procedemento de participación e selección do gañador.

A temática
A temática do Concurso é a protección e disfrute do medio natural e a súa festa de outono, o Magosto. Pódense incluír os espazos naturais, a festa e as persoas que nela participan.
Valorarase o carácter innovador e creativo da técnica usada, así coma a temática orixinal que recolla a fotografía.

 Entrega das imaxes
Aqueles que desexen participar deberán entregar en sobre pechado: a imaxe (impresa en tamaño Din A5, en calquera tipo de papel) e un segundo sobre pequeno e pechado cos seus datos (nome e apelidos, curso, título da imaxe e lugar onde foi tomada) .
Ditos sobres serán entregados  durante os primeiros  recreos na Biblioteca de Secundaria .A  data límite  será o venres día 10 de decembro . Cada participante so poderá entregar unha imaxe.

Selección do gañador
De entre as fotografías participantes seleccionaranse varios premios, cun xurado formado por:
·      Un membro representante do D.D.P.V.
·      Un membro representante do D.A.C.E.
·      Un alumno non participante elixido ao azar.

Os gañadores serán anunciados o mércores día 22 de decembro, sendo ademais agasallados por cortesía da A.N.P.A. do Colexio San Narciso.


sábado, 30 de octubre de 2010

Saída educativa a Pontevedra


Os alumnos de terceiro de ESO, primeiro e segundo de bacharelato acudiron o pasado venres 29 de outubro  ao Pazo de Congresos de Pontevedra á  “Xornada de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor na escola” organizada pola Cámara de comercio de Pontevedra, en colaboración co consello Superior de Cámaras e o Ministerio de Educación.




jueves, 14 de octubre de 2010

CONCURSO CABAZAS 2010_2011

Ola! Voltamos este ano co concurso de cabazas do Samaín .

Estas son as bases do concurso :
  • Poderán participar todos os alumnos/as de ESO e Bacharelato
  • Non se admitirán cabazas que non estean ben valeiras
  • Recolleránse os días 2, 3, 4 e 5 de Novembro na entrada do comedor durante o primeiro recreo
  • Deberán levar un cartel co nome do autor/es e o curso o que pertencen
  • As cabazas estarán expostas na biblioteca.
  • Haberá premios para as mellores por ciclos
  • Os premios entregaránse o día do Magosto
Por certo, este ano sí que teremos Magosto  (o día 12 de Novembro  se o tempo o permite) e como novidade haberá un concurso de fotografía do que xa vos informaremos.

Boa sorte coas cabazas!!!!!!!!


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Curso 2010_2011 - O VALOR DO RESPECTO



O RESPECTO, empeza en TI. Respecta e dio coa túa vida

lunes, 24 de mayo de 2010

Visitas Educativas: Abril_ Maio

A finais de Abril e  na primeira quincena do mes de Maio fixéronse varias visitas educativas. Os alumnos de 4º da ESO de Ciencias e de 1º de Bacharelato foron a Santiago para ver a exposición “Con A de astrónomas “ no Pazo de Fonseca e o Museo de Ciencias  Naturais que está na Facultade de Químicas. Os alumnos de 3º da ESO e os de 1º de Bacharelato ( ciencias) visitaron na Coruña o acuario,o Domus e a casa das Ciencias.