jueves, 22 de octubre de 2009

PROGRAMACIÓN DO DACE

Durante o primeiro trimestre :

• Samaín ou día de difuntos. Concurso de cabazas

• Magosto

• Nadal

Concurso de Cabazas




CONCURSO DE CABAZAS. BASES

• Poderán participar todos os alumnos/as de ESO e Bacharelato

• Non se admitirán cabazas que non estean ben valeiras

• Recolleránse os días 29 de outubro, 3 e 4 de Novembro na entrada do comedor durante o primeiro recreo

• Deberán levar un cartel co nome do autor/es e o curso o que pertencen

• As cabazas estarán expostas na biblioteca.

• Haberá premios para as mellores por ciclos

• Os premios entregaránse o día do Magosto

lunes, 5 de octubre de 2009

Día Da Hispanidade




A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Festa Nacional de España, en galego; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) ou Día da Hispanidade conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. A celebración ten lugar cada 12 de outubro, onde se celebra un desfile militar na Praza de Colón de Madrid no que asisten A súa Maxestade o Rei xunto á Familia Real e os representantes máis importantes de todos os poderes do Estado, ademais da maioría dos presidentes das autonomías españolas.
O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental e o 12 de outubro considerouse como un día memorable porque a partir de entón iniciouse o contacto entre Europa e América, que culminou co chamado "encontro de dous mundos", que transforma as visións do mundo e as vidas tanto de europeos como de americanos, xa que grazas aos seus descubrimentos xestase a Colonización europea de América, iniciando un período de imposición lingüística e cultural en América. Todo iso ocorreu nunha época onde estaba finalizando o proceso de construción do Estado actual, coa integración dos diferentes reinos peninsulares nun único reino.
Coa chegada de Cristobal Colón a América haberá un período de conquistas as cales darán froito ao nacemento do Imperio Español, imperio que duraría desde o ano 1492 ata o ano 1898.