lunes, 20 de diciembre de 2010

jueves, 9 de diciembre de 2010

Magosto


Por fin o día 26 de Novembro fixemos o Magosto no lago de CastiñeirasDespois de subir a pé disfrutamos comendo as castañas e realizando moitas actividades. Unha destas actividades consistíu en escribir con follas un poema de Uxío Novoneira. Tamén se entregaron os premios do concurso de cabazas. Lembramosvos que todavía estades a tempo de presentar as fotos para o concurso do magosto. Aquí tendes as fotos das cabazas e algunhas fotos do magosto.





domingo, 7 de noviembre de 2010

I CONCURSO FOTOGRÁFICO


UNHA IMAXE VALE MAIS QUE MIL CASTAÑAS

O COLEXIO SAN NARCISO de Marín  convoca o PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO sobre o Magosto, que se rexerá polo disposto nas seguintes Bases:

1. Participantes

O concurso está dirixido a todos os alumnos matriculados neste Colexio.
As presentes Bases son de obrigada aceptación e cumprimento para todas as persoas que decidan participar no Concurso.

2. Descrición do Concurso, procedemento de participación e selección do gañador.

A temática
A temática do Concurso é a protección e disfrute do medio natural e a súa festa de outono, o Magosto. Pódense incluír os espazos naturais, a festa e as persoas que nela participan.
Valorarase o carácter innovador e creativo da técnica usada, así coma a temática orixinal que recolla a fotografía.

 Entrega das imaxes
Aqueles que desexen participar deberán entregar en sobre pechado: a imaxe (impresa en tamaño Din A5, en calquera tipo de papel) e un segundo sobre pequeno e pechado cos seus datos (nome e apelidos, curso, título da imaxe e lugar onde foi tomada) .
Ditos sobres serán entregados  durante os primeiros  recreos na Biblioteca de Secundaria .A  data límite  será o venres día 10 de decembro . Cada participante so poderá entregar unha imaxe.

Selección do gañador
De entre as fotografías participantes seleccionaranse varios premios, cun xurado formado por:
·      Un membro representante do D.D.P.V.
·      Un membro representante do D.A.C.E.
·      Un alumno non participante elixido ao azar.

Os gañadores serán anunciados o mércores día 22 de decembro, sendo ademais agasallados por cortesía da A.N.P.A. do Colexio San Narciso.


sábado, 30 de octubre de 2010

Saída educativa a Pontevedra


Os alumnos de terceiro de ESO, primeiro e segundo de bacharelato acudiron o pasado venres 29 de outubro  ao Pazo de Congresos de Pontevedra á  “Xornada de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor na escola” organizada pola Cámara de comercio de Pontevedra, en colaboración co consello Superior de Cámaras e o Ministerio de Educación.




jueves, 14 de octubre de 2010

CONCURSO CABAZAS 2010_2011

Ola! Voltamos este ano co concurso de cabazas do Samaín .

Estas son as bases do concurso :
  • Poderán participar todos os alumnos/as de ESO e Bacharelato
  • Non se admitirán cabazas que non estean ben valeiras
  • Recolleránse os días 2, 3, 4 e 5 de Novembro na entrada do comedor durante o primeiro recreo
  • Deberán levar un cartel co nome do autor/es e o curso o que pertencen
  • As cabazas estarán expostas na biblioteca.
  • Haberá premios para as mellores por ciclos
  • Os premios entregaránse o día do Magosto
Por certo, este ano sí que teremos Magosto  (o día 12 de Novembro  se o tempo o permite) e como novidade haberá un concurso de fotografía do que xa vos informaremos.

Boa sorte coas cabazas!!!!!!!!


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Curso 2010_2011 - O VALOR DO RESPECTO



O RESPECTO, empeza en TI. Respecta e dio coa túa vida

lunes, 24 de mayo de 2010

Visitas Educativas: Abril_ Maio

A finais de Abril e  na primeira quincena do mes de Maio fixéronse varias visitas educativas. Os alumnos de 4º da ESO de Ciencias e de 1º de Bacharelato foron a Santiago para ver a exposición “Con A de astrónomas “ no Pazo de Fonseca e o Museo de Ciencias  Naturais que está na Facultade de Químicas. Os alumnos de 3º da ESO e os de 1º de Bacharelato ( ciencias) visitaron na Coruña o acuario,o Domus e a casa das Ciencias.



                                         








lunes, 26 de abril de 2010

Saída educativa a Cambre

Os alumnos de 1º realizaron o pasado día 20 de abril unha saída educativa a Cambre, municipio por onde pasaban os peregrinos que chegaban por mar, atracando no fondo da baía da Coruña. En Cambre visitaron a Igrexa de Santa María de Cambre, igrexa Románica datada a finais do século XII a cal é unha réplica única no rural galego da catedral de Santiago. Xunto á Igrexa do Carmen os alumnos visitaron os restos arqueolóxicos dunha vila romana.


                                       


                                        



                                       

lunes, 19 de abril de 2010

Operación castiñeiro

Os alumnos de 2º participaron xunto con escolares de outros quince colexios de Galicia na plantación de 1600 castiñeiros no lugar de Soutochao, en Vilardevós (Ourense) unha zona moi devastada polos incendios forestais. Despois da plantación, fixeron unha ruta de sendeirismo seguindo unha das chamadas "Rutas do contrabando", desde o Soutochao hasta a área recreativa de Cidadella







lunes, 5 de abril de 2010

Día Mundial da Saúde_ 2010

O Día Mundial da Saúde 2010 centrarase na urbanización e a saúde. Durante a semana do 7 ao 11 de abril de 2010 organizaranse eventos en todo o mundo.

Os obxectivos mundiais da campaña son:

Mil cidades: abrir os espazos públicos á saúde, xa sexa para realizar actividades nos parques, reunións cidadás, campañas de limpeza, ou pechar parte das rúas ao tránsito de vehículos motorizados.

Mil vidas: reunir mil relatos de promotores da saúde urbana que, polas súas iniciativas, teñan un impacto considerable na saúde das súas cidades.

lunes, 15 de marzo de 2010

Concurso redacción_Muller Traballadora




Gonzalo de 2º da ESO B foi o gañador no concurso de redacción sobre a muller traballadora convocado polo Concello de Marín.

Fragmento:

A MIÑA NAI
UNHA MULLER TRABALLADORA

Aínda que parece que o tema da muller traballadora está de plena actualidade a min paréceme que non é así. Pois tanto na miña familia como o meu arredor sempre houbo mulleres traballadoras tanto facendo tarefas agrícolas e gandeiras como servindo en casas, en fábricas conserveiras e incluso indo o mar. Ademais destas tarefas tiñan que atender ás labores da casa e da familia. […]
Ela defende o traballo como unha forma de independencia, de enriquecemento e de fortaleza persoal fronte os problemas da vida e dí que non pensa renunciar a traballar cando sexamos un pouco máis grandes.

De seguro isto lle suporá un esforzo extra pero coa colabaroción da familia ela poderá con todo.

jueves, 11 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller_ No camiño da igualdade

Día Internacional da Muller, 8 de Marzo No camiño da igualdade : exercicio de autoestima


Seguindo coas actividades previstas, o DACE e máis o ENDL, coa colaboración das distintas titorías prepararon unha actividade para este día 8 de marzo (realizada en dúas sesións , unha para os 1º e 2º da ESO, outra para os 3º, 4º e Bacharelato) na que a través distintos textos, un audiovisual sobre a Muller e a Publicidade e varias dramatizacións arredor dos roles masculino e feminino na historia e na sociedade de hoxe, intentaron poñer en común unha serie de reflexión no camiño de reafirmación da igualdade entre xéneros e de autoestima sobre a condición das mulleres do San Narciso. Houbo tamén unha intervención moi gratificante, a de Gonzalo de 2º da ESO B que foi o gañador no concurso de redacción que sobre esta mesma temática convocaba o Concello de Marín.




martes, 23 de febrero de 2010

Entroido 2010

Este ano no concurso de comparsas houbo un gran nivel. O xurado que estaba formado por un alumno de cada curso ( Ángel Chapela 1ºA, Pablo Quiroga 1ºB, Andrea Sequeiros 2ºA, Jacob García 2ºB, Pablo Abal 3ºA, Fátima García 3º B, Sara Novas 4ºA, Manel Oliver 4º B e Martín Martínez 1º Bach ) e un profe ( Antonio), decidiron premiar no primeiro ciclo a interpretación dos rapeiros de 1º ESO B e con dous premios ós zombies de 2º ESO A o da letra e o do disfraz. No segundo ciclo, o xurado non o dubidou e deulle os tres premios aos punkies de 4º ESO B.
Hai que facer unha mención especial á nova comparsa que se presentou este ano “ os cinco mais dous”. Para os que queirades revivir á actuación...


Aquí tendes os vídeos dos gañadores.








Comparsas...

miércoles, 3 de febrero de 2010

martes, 26 de enero de 2010

Día Escolar pola Paz

30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz
Para que a paz sexa algo máis ca un conto
Manuel Dios Diz

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Sobre o pacifismo e os pacifistas, sobre as persoas que dedican toda (ou parte) da súa vida á causa da paz, fanse, en non poucas ocasións, comentarios máis ou menos afortunados, máis ou menos displicentes, sobre todo en privado, moitas veces descualificadores e negativos, afirmando por exemplo, que os pacifistas forman parte desa fauna de individuos que se engloban no que chaman “boísmo”, un conxunto de personalidades, canto menos, inxenuas, afastadas da realidade, a metade de camiño entre “utópicos” e “santóns”, cando non directamente inconscientes ou irresponsables, que ben merecerían o ceo, pero que aquí, na terra (din os auto-denominados “realistas”) non pasan de ser unha especie rara, caracterizada pola súa “bonhomía”, entendida así, paradoxalmente, como algo negativo, o cal non deixa de ser sorprendente.
Sen dúbida que estamos diante unha forma de subverter os conceptos, as cualidades, os valores, para identificar e presentar publicamente como “malo” algo que, obxectivamente, debera ser recoñecido e valorado positivamente polas persoas, os media, as institucións e as sociedades. Con esas descualificacións de “boísmo”, “bonhomía”..., en definitiva, o que se persegue non é outra cousa que descartar o pensamento e as propostas, as iniciativas, as demandas, os desexos da sociedade civil en xeral, e do movemento pacifista en particular, das grandes personalidades que veñen reiterando, desde moi distintos ámbitos, a necesaria e urxente substitución da cultura da guerra, do belicismo e da violencia, do armamentismo, pola cultura da paz, e que fan do diálogo, da concordia, da desobediencia civil e da palabra, as súas mellores ferramentas. Líderes que coinciden, desde a súa radical insatisfacción, en reclamar e soñar outro mundo posible, firmes partidarios da esperanza nun porvir que será pacífico ou non o será.
E non é casual que isto ocorra si temos en conta os poderosísimos intereses que se moven ao redor da cultura da guerra, da violencia e da industria do armamento. Como lle dicía Dwight Eisenhower no seu discurso de despedida da presidencia, alá por Xaneiro de 1961, ó seu sucesor, John F. Kennedy: “tan só existe un poder no mundo superior ao teu” e alertábao sobre o desproporcionado papel que desempeñaba, o que cualificou coa expresión -xa moi repetida- do “Complexo Industrial Militar”.
Moitas das campañas, abertas ou sutís, contra o “boísmo” e a “inxenua bonhomía”, ou si preferimos, de desprestixio público dos máximos representantes dos movementos sociais altermundialistas, teñen aquela interesada orixe, como a tiveron antes, por exemplo, as enormes e efectivas campañas de animación ao consumo de tabaco propiciadas desde as grandes compañías tabaqueiras e os numerosos informes “científicos” que pretendían demostrar que fumar non era prexudicial para a saúde...por poñer só un exemplo relevante.
A paz deséxase na misa cristiá, démonos fraternalmente a paz, shalom din os xudeus, salam repiten os musulmáns, pero logo, con moi diferentes argumentos “realistas”, xustificamos a guerra e a violencia, mesmo apoiamos as ocupacións militares, os bombardeos e a morte de inocentes, o uso da forza indiscriminada e desproporcionada, o tráfico ilegal de armamento, as cadeas ocultas, a tortura, os centros de interrogatorio clandestinos, a pena de morte... e facémolo con diferentes argucias, máis ou menos eufemísticas, tales como que nos enfrontamos aos “inimigos da civilización, da razón, da liberdade, ou da dialéctica da historia...”. e tranquilizamos a nosa conciencia falando de danos “colaterais”, intervencións “humanitarias”, accións de “limpeza”, “cirúrxicas” ou de “guerras preventivas” , “bombas intelixentes”, así, como si nada...
A nosa actividade, todo o noso traballo durante os últimos 25 anos (1985-2010), pretende difundir, na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.


Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e Vicepresidente do Consello de Dirección da Fundación Cultura de Paz.

jueves, 14 de enero de 2010

Concurso encerados

Primeiro ciclo: 1º ESO-A
Segundo ciclo: 3º ESO- A
Bacharelato: 1º bacharelato

1ª Bacharelato


3º ESO- A


1ª ESO- A

jueves, 7 de enero de 2010

30 de Enero. Día Escolar de la Paz y la No Violencia

VUELA LA PALOMA

Va volando la paloma
por el cielo de cristal
en busca de una palabra
muy lejos del palomar.

Vuela y habla con las nubes
y con las olas del mar,
con los luceros y estrellas
y las cometas de sal.

Y les pregunta a las flores,
A la arena y al rosal,
A la nieve y a la brisa
Por si saben donde está.

Va volando la paloma.
No se cansa de volar.
Va buscando esa palabra
Porque la quiere encontrar.

Un ilusión, un tesoro
De tres letras nada más;
Tres letras maravillosas ...
¿Será la palabra PAZ?

LOS POEMAS DE PILLO
(“Vuela la Paloma” - Antonio Garcia Tejeiro)