“UNHA IMAXE VALE MAIS QUE MIL CASTAÑAS”
O COLEXIO SAN NARCISO de Marín convoca o PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO sobre o Magosto, que se rexerá polo disposto nas seguintes Bases:
1. Participantes
O concurso está dirixido a todos os alumnos matriculados neste Colexio.
As presentes Bases son de obrigada aceptación e cumprimento para todas as persoas que decidan participar no Concurso.
2. Descrición do Concurso, procedemento de participación e selección do gañador.
A temática
A temática do Concurso é a protección e disfrute do medio natural e a súa festa de outono, o Magosto. Pódense incluír os espazos naturais, a festa e as persoas que nela participan.
Valorarase o carácter innovador e creativo da técnica usada, así coma a temática orixinal que recolla a fotografía.
Entrega das imaxes
Aqueles que desexen participar deberán entregar en sobre pechado: a imaxe (impresa en tamaño Din A5, en calquera tipo de papel) e un segundo sobre pequeno e pechado cos seus datos (nome e apelidos, curso, título da imaxe e lugar onde foi tomada) .
Ditos sobres serán entregados durante os primeiros recreos na Biblioteca de Secundaria .A data límite será o venres día 10 de decembro . Cada participante so poderá entregar unha imaxe.
Selección do gañador
De entre as fotografías participantes seleccionaranse varios premios, cun xurado formado por:
· Un membro representante do D.D.P.V.
· Un membro representante do D.A.C.E.
· Un alumno non participante elixido ao azar.
Os gañadores serán anunciados o mércores día 22 de decembro, sendo ademais agasallados por cortesía da A.N.P.A. do Colexio San Narciso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario